Durante o período escolar temos o servizo de canguro polas tardes, nas que se realizan xogos dirixidos, animación á lectura e xogo libre. O horario de peche habitual é ás 20:00 horas.
Realízanse actividades variadas, como: manualidades, teatro, cociña, baile, experimentos, xincanas, etc. ao longo dunha mañá repleta de xogos.
De 10:00 h a 14:00 h.
As actividades soen ser de 1 hora de duración e realízanse a partires das 11:30 horas.
Nos meses de xullo e agosto prográmanse semanas temáticas cargadas dunha gran variedade de actividades.
Ademais realízase unha hora de repaso escolar e excursións fóra do centro.
O horario é de 10:00 a 14:00 horas.
Proporcionado polo catering Manduca (sito preto do centro).
Comida caseira elaborada e transportada tódolos días baixo a normativa da Consellería de Sanidade.
*Menús especiais para calquera tipo de patoloxía.
Para facilitar a organización do día a día dos pais contamos cun servizo de transporte totalmente personalizado de recollida e entrega de nen@s aos lugares determinados con anterioridade.
Dende as 7:00 da mañan estamos abertos no noso local para acoller aqueles nenos e nenas que precisen ó servizo de madrugadores (con/sen almorzo e traslado ós respectivos colexio).